Asociación GDR10 Limia-Arnoia

Coidar os recursos,
construír o mañá

Do papel ao territorio

Obxectivos, estratexia e proxectos

O GDR10 Limia-Arnoia traballa en 25 concellos da provincia de Ourense, nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Entre os nosos obxectivos están a recuperación da actividade agraria, o apoio á diversificación económica ou crear espazos de innovación e impacto para as mulleres do territorio. Estes obxectivos están recollidos na nosa Estratexia de Desenvolvemento Local para o período 2023-2027.

Proxectos como Aterra –aproveitamento de terras en desuso–, Mixturando –valorización do bosque mixto atlántico– ou Ruralmente –valorización dos produtos agroalimentarios– están relacionados coa posta en valor dos nosos recursos e o desenvolvemento económico das nosas comarcas.

Outro xeito de construír as nosas comarcas

Proxectos nos que participamos

Aterra

O proxecto Aterra ten como obxectivo revitalizar o sector agrogandeiro nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova.

Espazos Efémeros

Espazos Efémeros: unha rede para reinventar o rural. Un proxecto de cooperación transnacional que busca dar nova vida ao rural a través do comercio, a cultura e o emprendemento.

Mixturando

Mixturando é unha iniciativa colaborativa que busca desenvolver novas estratexias para a valorización do bosque mixto atlántico en Galicia e en Asturias.

Nó rural

Nó Rural é unha iniciativa de cooperación entre seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) co obxectivo de fomentar o relevo xeracional no agro e dinamizar os territorio rurais.

Reserva da biosfera

Conservar e protexer a biodiversidade, ao mesmo tempo que se persegue o desenvolvemento económico e humano da Área de Allariz.

Ruralmente

Ruralmente fomenta a innovación, o coñecemento compartido e a valorización dos produtos agroalimentarios locais amparados baixo selos de calidade.

LEADER 23-27

Impulsa o teu proxecto para revitalizar o rural

O programa LEADER é unha iniciativa da Unión Europea destinada a manter vivas as áreas rurais dos países membros. Aproveita os recursos propios e potencia a innovación desde abaixo cara a arriba. Aprende cales son as subvencións, o ámbito xeográfico e o calendario.

Xeodestino A Limia

Este Xeodestino pretende ser un lugar de referencia para aqueles amantes da ornitoloxía e da natureza nas zonas da antiga Lagoa de Antela e das Areeiras da Limia, mentras que tamén poden desfrutar do seu patrimonio histórico.

O obxectivo é ser unha referencia para aqueles amantes da ornitoloxía e da natureza.

Xeodestino Allariz-Maceda

Este Xeodestino busca promover o territorio como destino cultural e sostible, destacando o seu patrimonio artístico, gastronómico e tradicional, fomentando a preservación das artes e a conexión coas comunidades locais.

O obxectivo é promover o territorio como destino cultural e sostible.

25 motivos

O proxecto destaca e difunde iniciativas que contribúen á dinamización social e económica e á posta en valor do patrimonio material e inmaterial dos 25 concellos que conforman o territorio do GDR Limia-Arnoia.

O obxectivo é a dinamización social e económica do territorio.

Actualidade GDR10 Limia-Arnoia

As últimas novas publicadas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición

O portal de emprego e oportunidades do GDR Limia-Arnoia

O GDR Limia-Arnoia ten un lugar propio no portal de emprego Ficar aquí para conectar empresas e persoas que queren traballar e vivir no rural. Visita o noso perfil e revisa as oportunidades.