O pasado venres 12 de maio, celebrouse en Xinzo a primeira asemblea xeral do GDR 10, Limia Arnoia na que entre outros temas acordouse elixir nova Xunta Directiva, que presidirá Gumersindo Lamas Alvar (alcade de Sarreaus),  e na que se incorpararon membros de entidades públicas e privadas de todo o ámbito de actuació (Celanova, Allariz, Bande, Maceda,…)

un dos puntos de máis interese foi o apartado de proxectos presentados, deuse conta dos proxectos presentados nunha primeira convocatoira do LEADER 2017 (até 31 de marzo de 2017) e que están en fase de estudo.

U total de 66 expedientes tramitados, dos cales 56 van ser favorables e que van supor un orzamneto de máis de 8 millóns de euros en proxectos.

Presentados: 66 Presentáronse 66 expedientes, dos que 56 van a ser favorables
Favorables 56 Orzamento solicitado total:  8.057.345,67 €
Produtivos 35   Solicitado: 6.061.175,54 €
Non produtivos 21 Públicos: 11 Solicitado: 1.084.640,46 €
Privados:10 Solicitado: 445.214,69 €

Por concellos, destacan Allariz e Xinzo de Limia con máis solicitudes de axuda pero unha boa pare do territorio ten presentado proxectos, de investimento privado ou público.

 Concello Nº proxectos Non produtivo Produtivo
A BOLA 1 1
ALLARIZ 9 3 6
BALTAR 1 1
BANDE 3 1 2
BAÑOS DE MOLGAS 1 1
CALVOS DE RANDIN 1 1
CELANOVA 4 4
ENTRIMO 3 3
LOBEIRA 1 1
LOBIOS 3 2 1
MACEDA 2 2
MUIÑOS 5 3 2
OS BLANCOS 1 1
PORQUEIRA 2 1 1
SANDIAS 1 1
SARREAUS 1 1
VILAR DE BARRIO 4 4
VILAR DE SANTOS 3 1 2
XINZO DE LIMIA 9 2 7
XUNQUEIRA DE AMBIA 1 1
56 21 35

Os presentes aprobaron participar no proxecto de cooperación“Camiño de Santiago: Vía da Prata – Camiño Mozárabe” con outros GDR e fixeron unha presentación sobre os orzamentos de 2017, memoria de actividades de 2016 e as inscricións de novas entidades privadas como socias do GDR.