Inserido nos obxectivos deste período LEADER 2014/2020, ofertamos dende o GDR formación para o emprego dentro do noso territorio (comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Celanova.

O GDR organiza para o cuarto trimestre do ano 2017, 6 CURSOS DE FORMACIÓN (1 de industrias cárnicas e alimentarias, 1 de cestería, 2 de micoloxía e 2 de castiñeiros)

Tendes dispoñibles, de seguido, información sobre un dos cursos. Nos vindeiros días colgaremos información sobre os restantes.

CURSO: INDUSTRIAS CÁRNICAS E ALIMENTARIAS

CURSO DE 100 HORAS

O prazo de inscrición estará aberto até o día 25 de setembro de 2017. Ampliado até o 29

Enviar modelo de inscrición a info@limia-arnoia.gal ou en calquera das oficinas do GDR (Allariz, Celanova, Xinzod e Limia)

Calquera dúbida no tlf. 988688779

Tlf. móbiles:

604026618 (Eva),

604028453 (X.M. Puga)

604027382 (Marian).

Lugar Fundación Ramón González Ferreiro
Enderezo Rúa de Paciños, 2, 32660 Allariz, Ourense
Datas 3 de outubro – 14 novembro de 2017
Horarios Mércores, xoves e venres en horario de tarde

 

No seguinte enlace podedes consultar o prego de condicións do curso de INDUSTRIAS CÄRNICAS E ALIMENTARIAS PREGO CONDICIÓNS CURSO CARNE

MODELO DE INSCRICIÓN:modelo inscricion