A Consellería de Medio rural ven de publicar no DOGA, (12/01/2018) a convocatoria de axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios.

Destacables da Orde:

investimentos superiores a 60.000 €

Os tipos de gasto subvencionables son os seguintes:
a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.
b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.
c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programasinformáticos así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.
d) Os custos xerais vinculados as letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.

PRAZO DE SOLICITUDE DUN MES

Deixamos o enlace áo DOGA e máis a orde en pdf (descargable)

Axuda Industrias Agrarias 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180112/AnuncioG0426-181217-0010_gl.html