O pasado 23 de xaneiro, a Axencia de Turismo de Galicia, ven de publicar a convocatoria de axudas paraa mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a súa convocatoria para o ano 2018.

PRAZO: 1 mes

OBXECTO:

3.1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

3.2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.

3.3 Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

3.4 Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.

3.5. Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións, así como embelecemento do contorno.

3.6. Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento.

4. O investimento neto admitido será de ata 100.000 €

 

Podedes ver a convocatoria completa:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0256-020118-0010_gl.html