A Asociación GDR10 Limia-Arnoia

O Grupo de Desenvolvemento Rural da Limia, constituíuse coma Asociación sen ánimo de lucro en xullo de 2008, procedendo a facer unha modificación da súa denominación en Maio de 2016 para a xestión do Programa Leader Galicia 2014-2020.

Nos vindeiros anos a intención do GDR Limia- Arnoia é exercer un liderado dentro das institucións locais e económicas do territorio, converténdose deste xeito nun elemento reforzador da organización interna das comarcas Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia, e Terras de Celanova.

O Programa Leader vai a constituír a consolidación definitiva do desenrolo rural nas Comarcas. Neste longo período de tempo no que vamos a traballar para a execución do Programa, intentaranse cumprir tódalas expectativas arredor do último obxectivo “mellorar a calidade de vida dos habitantes das comarcas que abarcamos “.

Para acadar este obxectivo, a estratexia de desenrolo asumiu os tres obxectivos centrais:

  • valorización do patrimonio natural e cultural
  • mellora do entorno económico coa finalidade de contribuír á creación de emprego
  • mellorar a capacidade de organización das respectivas comunidades

O GDR Limia –Arnoia vai ser a entidade que, dentro da Comarcas Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova, se encargue da planificación, promoción, difusión e coordinación das actuacións dirixidas dentro da mesma, nas distintas medidas planificadas: mellora da competitividade do sector agrario e forestal; mellora do ambiente e contorno rural; e mellora da calidade de vida e diversificación da economía rural.