O programa Leader

LEADER é o acrónimo de “Ligazón Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural ”.

LEADER é una política da Europea destinada a manter vivas as áreas rurais (densidade de poboación inferior a 150 hab./km2) dos países membros, pois o 91% da superficie europea é rural e reside máis do 56% do poboación europea. Europa marca as liñas xerais sobre as que deben xerarse o desenvolvemento rural, pero cunha marxe de manobra para adaptalo ás diferentes realidades estatais e rexionais, respondendo á descentralización das políticas de desenvolvemento rural, tendo por obxectivo que as persoas que habitan nos diferentes territorios rurais deixan de ser meros destinatarios destas políticas, para converterse en protagonistas do seu propio desenvolvemento.

A partir destas distribución territorial, contemplada no PDR 2014-2020 de Galiza, os axentes sociais, económicos e institucionais, tanto públicos como privados organízanse para crear unha asociación sen ánimo de lucro, que será a encargada de xestionar os fondos LEADER asignados ao Plan de desenvolvemento Rural de cada grupo, que contemplan medidas especificas e encamiñadas a:

1. Mellorar a competividade do sector agrario e forestal
2. Mellorar o ambiente e o medio rural
3. Calidade de vida nas zonas rurais e diversificación da economía rural

 

O enfoque LEADER persegue unha aplicación do desenvolvemento rural baseado principalmente na participación da propia poboación do territorio, integrando todos os recursos e actores económicos e humanos que na comarca de actuación existan.

O elemento esencial da metodoloxía LEADER é que se trata de “Procesos de abaixo cara arriba”, é dicir, as estratexias ou programas específicos de desenvolvemento rural definisen no ámbito local do territorio, e as decisión sobre as liñas concretas de aplicación das axudas e mesmo dos proxectos que se financian son tomadas nese mesmo ámbito por partenariados de axentes públicos e privados (na súa maioría privados por esixencia do programa).

Para asegurar esa participación da sociedade rural constituíranse os Grupos de desenvolvemento rural (GDRs), entidades sen ánimo de lucro, con socios públicos e privados que seleccionan os proxectos que lles permiten levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento.

Estes GDRs implican polo tanto unha formulación multisectorial, tanto na dimensión económica, non só do sector primario, como no resto de dimensións sociais; equipamentos, servizos e dotacións públicas, defensa dos valores patrimoniais e medioambientais, relacións sociais, traballo en rede, etc.

Tendo en conta as características específicas do territorio rural galego e o xa citado obxectivo  de contribuír á estratexia europea 2020 acadando un desenvolvemento territorial equilibrado, incluíndo a creación e a conservación do emprego, o enfoque Leader para o período 2014-2020 en Galicia, orientarase á consecución prioritaria dos seguintes, obxectivos:

· Mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural.
· Mellorar e implementar servizos para a poboación nas zonas rurais, favorecendo a mellora do nivel de vida da poboación rural, a inclusión social e a redución da pobreza.
· Favorecer a ocupación sostible do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos/as, as persoas con discapacidade, as persoas maiores, etc.
· Garantir a sostibilidade da actividade no medio rural, mediante un coidado e utilización adecuada dos recursos naturais.
· Potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio.
· Contribuír á concienciación e ao fomento da necesidade de pasar a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático, fomentando a utilización de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.

Coa finalidade de estender  a aplicación da metodoloxía LEADER o máximo posible, o territorio elixible será todo o rural galego, coa excepción das entidades singulares de poboación que superan os 6.000 habitantes nas provincias atlánticas da Coruña e de Pontevedra ( xunto cos terminos municipais de A Coruña e Vigo).  Nas provincias de Lugo e de Ourense, en liña cos obxectivos dos Plans Impulsa Lugo e  Impulsa Ourense da Xunta de Galicia, preténdese unha discriminación positiva en favor destas provincias mais rurais, tendo en conta o déficit de tecido produtivo e de servizos en relación coas provincias atlánticas. É por iso que nas citadas provincias de Lugo e de Ourense, unicamente se excluirá como territorio elixible as entidades singulares de poboación que superen os 10.000 habitantes.