Aumento de categoría e ampliación de capacidade do Hotel Celanova **

Proxectos Produtivos

A sociedade Alquimia Hoteles, S. L. aluga no 2016 un inmoble con opción de compra que consta de dous edificios:

-o primeiro con entrada pola rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 7 (con 20 habitacións)

-o segundo con entrada pola rúa Castor Elices, nº 12;  que consta do salón social do hotel e 13 habitacións sen reformar.

Ambos os edificios están unidos polo soto e a planta baixa na que se atopa a cafetería e o comedor do restaurante. O obxectivo do proxecto é alcanzar a categoría de dúas estrelas superior, segundo o decreto 57/2016, do 12 de maio. Este decreto, no seu artigo 11 establece as distintas categorías: “As categorías de unha, dúas, tres, catro e cinco estrelas poden ter, ademais, a cualifi­cación de superior . O artigo 36 do mesmo,  tamén regula os servizos que cada categoría debe ter.

O artigo 39 establece as normas de aplicación segundo o cal un establecemento de 2 estrelas (categoría actual) debe ter un minimo de 236 puntos; e para poder ser catalogado de 2 estrelas superior debe acadar un mínimo de 352 puntos.

Polo tanto as actuacións e investimentos previstos no proxecto van nunha doble dirección:

1º.- Aumentar e mellorar servizos para poder acadar os 352 puntos precisos para aumentar de categoría a  duas estrelas superior.

2º.- Aumentar o número de prazas e ter a capacidade suficiente e necesaria para atender a grupos de operadores de turismo que viaxan en autobuses de 50 prazas. Coas 20 habitacións coas que conta na actualidade o hotel, a capacidade é de 39 prazas, coa ampliación alcanzaranse 51 prazas. Dita ampliación é necesaria para dar viabilidade ao proxecto, buscando actividade con grupos de fóra da tempada alta, dada a acusada estacionalidade do turismo en Galicia e sobre todo na provincia de Ourense. Este é o único establecemento hostaleiro na vila de Celanova, elemento dinamizador da economía da vila e a súa comarca

Expediente: L18-19.20-10-0112

Titulo Proxecto: Aumento de categoría e ampliación de capacidade do Hotel Celanova **

Promotor: ALQUIMIA HOTELES, S.L.

Concello do investimento: CELANOVA. OURENSE

Puntuación:70

Orzamento Aceptado: 114.970,06 €

Porcentaxe axuda: 50%

Contía Axuda: 50.895,43 € *expte. con reserva de fondos por un total de 6.589,60 €

Incidencia no Emprego

Nº DE UTAS TOTAIS  A CREAR
Total: 31


Nº DE UTAS A CREAR PERTENCENTES COLECTIVOS DESFAVORECIDOS
Mulleres: 1
Maior de 45 anos: 1

Aumento de categoría e ampliación de capacidade do Hotel Celanova **