Centro de exposición de productos locais

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Levarase a cabo a adquisición dun inmoble e rehabilitación do mesmo, así como a adecuación doutro xa propiedade da asociación. A arquitectura de ambos presenta un marcado carácter tradicional, ó tratarse dunha antiga palleira e unha adega con lagar para o viño, a cal actualmente se atopa en ruinas. As técnicas de rehabilitación e materiais empregados serán respetuosos coa singularidade e o aspecto orixinal das construccións, feitas en pedra granítica de pequeno tamaño. Así mellorarase tamén urbanísticamente a parte máis tradicional do núcleo composta por edificacións tradicionais (palleiras, alpendres, adegas, curráis, vivendas en pedra granítica) mesturadas co patrimonio etnográfico en torno ó ciclo do pan (eiras, hórreos, forno). A iluminación das instalacións farase empregando exclusivamente enerxías renovables, mediante a instalación de tres placas solares.

Unha vez acondicionados os inmobles, nos mesmos instalaranse elementos tradicionais relacionados coa elaboración destes produtos, así como carteleria e audiovisuais nos que os mesmos produtores explicarán a elaboración e as características dos seus produtos. Asemade farase una pequena exposición dos produtos que hoxe poden adquirirse e os lugares onde se comercializan. Os productos que formarán parte daexposición son os seguintes: Mel, Castañas, Embutidos, Pan, Aceite, Viño, Estrugas e cociña tradicional.

* Proxecto en modificación

Expediente: L18-19.20- 10-0120

Titulo Proxecto: Centro de exposición de productos locais

Promotor: ASOCIACIÓN CULTURAL VECIÑOS DO XURÉS

Concello e lugar do investimento: LOBIOS. PUXEDO

Puntuación:67

Orzamento Aceptado: 41.202,89 €

Porcentaxe axuda: 78,18%

Contía Axuda: 32.212,42 €

Centro de exposición de productos locais