CITRAN – Centro de Interpretación da Tracción Animal

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

A Asociación Galega de Tracción Animal – A Molida constitúena técnicos e traballadores relacionados cos sectores agrogandeiro e forestal. Son os seus obxectivos: investigar, salvagardar e divulgar o  patrimonio relativo á tracción animal.  Constitúe, asímesmo, obxectivo fudamental, o fomento de modelos de desenvolvimento sustentabeis coa promoción de prácticas agronómicas compatibeis coa  conservación da agrobiodiversidade, a introducción do concepto de tracción animal moderna nunha estratexia lóxica de desenvolvimento rural  e o recoñecemento da tracción animal como parte integrante e importante da historia da Galiza.

CONCEPTO E OBXECTIVOS

Concepto:

  • Creación dun espazo de valorización de todo o patrimonio asociado à tracción animal;
  • Creación dun espazo de aprendizaxe e formación en torno da tracción animal;
  • Creación dunha plataforma de incentivo á visita do territorio rural da Baixa Limia e Terras de Celanova.

Obxectivos:

  1. Recuperar e dotar de vocación pedagóxica un espazo físico no medio rural que poida recibir este Centro de Interpretación;
  2. Reunir coñecemento acerca da importancia da tracción animal no desenvolvemento da rexión;
  3. Comprender e interpretar o papel da tracción animal na definición do mosaico paisaxístico galego;
  4. Recoller e divulgar a tecnoloxía e coñecemento tradicionais en torno da tracción animal, contribuíndo para a salvagarda e divulgación do patrimonio rexional;
  5. Promover as razas autóctonas con actitude para o traballo (equinos e bovinos), volvéndolles a funcionalidade perdida e garantindo a creación de valor engadido;
  6. Fomentar e diseminar o uso de tracción animal moderna como fonte de enerxía renovábel libre de emisións, afirmándoa como un método de valorización produtiva dos ecosistemas, minimamente invasivo e de reducido impacto sobre o medio;
  7. Contribuír para a modernización das técnicas tradicionais presentes na rexión, permitindo a entrada no mercado de bens e servizos asociados competitivos, promovendo o consumo interno e evitando a importación de modelos alleos á poboación local, favorecendo a aceptación do proceso de modernización por parte da comunidade.

INVESTIMENTO PREVISTO:

  • Construción de edificación tradicional destinada a Centro de Interpretación
  • Construción de establo para 6 animais de traballo 120 m2 e galpón para alimento 100 m2.

EQUIPAMENTO:

  • medios audiovisuais centro de interpretación
  • material didáctico e formativo
  • apeiros para exposición exterior e interior e actividades en obradoiros

– Redacción manual técnico e edición libro de tracción animal
– Obradoiros

Expediente: L17-19.20-10-0065

Promotor
ASOC. GALEGA DE TRACCION ANIMAL – A MOLIDA

Concello e Lugar
LOBIOS

Puntuación: 81
Orzamento Aceptado: 168.348,33 €
Porcentaxe axuda: 90%
Contía Axuda: 151.513,50 €*
*(Fondos insufientes na anualidade 2018; polo que a entidade promotora acepta realizar o proxecto cos fondos dispoñibles)

Centro de Interpretación da Tracción Animal