Escavación do Castro de Outeiro

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

O proxecto consiste na escavación arqueolóxica e posta en valor do castro situado no Outeiro do Castro, situado no linde dos concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía, e polo tanto, pertencente a ambos concellos.

Preténdese a realización de labores de desbroce, rareo puntual e poda en 3 ha, dentro do recinto arqueolóxico, así como nos camiños de acceso, a sinalización destes, a colocación de paneis informativos no inicio dos camiños e colocación puntual de indicadores de dirección integrados na paisaxe.

Tamén se pretende a escavación de aproximadamente 200 m2, en dúas cuadrículas de 10x10 na plataforma superior do citado castro, así como a colocación dun panel «tipo mesa» coa información recollida na memoria de escavación, unha vez rematada a mesma.

Como complemento do traballo realizado farase un levantamento topográfico e un estudo dos materiais arqueolóxicos atopados durante a escavación.

O obxectivo principal é recuperación patrimonial do recurso co fin de fomentar a dinamización turística dos concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía. A posta en valor do patrimonio cultural nas zonas rurais en semi-abandono e con escaseza de recursos, contribúe de xeito eficaz na conservación das mesmas, pois aumenta o valor de recreo público do monte, fomentando o seu valor estético, educativo e científico, incidindo no desenvolvemento rural e xerando riqueza.

Expediente: L17-19.20-10-0016

Promotor
BAÑOS DE MOLGAS e XUNQUEIRA DE AMBÍA

Concello e Lugar
BAÑOS DE MOLGAS e XUNQUEIRA DE AMBÍA

Puntuación: 74
Orzamento Aceptado: 38.599,00 €
Porcentaxe axuda: 90%
Contía Axuda: 34.739,10 €

Escavación do Castro de Outeiro