Exposición Etnográfica permanente dos oficios do Xurés

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

O proxecto consiste na adquisición dun inmoble (antiga adega con lagar para a elaboración de viño) e na súa reforma, xunto coa  de outro (antiga palleira) propiedade da asociación e situados na parte máis tradicional do lugar de Puxedo . Unha vez rehabilitados preservando a súa estrutura e materiais orixinais, rehabilitaranse e instalaranse no seu interior os apeiros, útiles e ferramentas máis representativos dos distintos oficios do Xurés doados polos veciños : a labranza, carpintería, ferrallería, elaboración do pan e do viño, a malla ou o fiado do liño; conformando así unha exposición etnográfica permanente co obxectivo de evitar que se perdan todos estes elementos representativos da etnografía do Xurés e a cultura inmaterial asociada a eles, transmitindoo ás novas xeracións con visitas guiadas para os turistas ou obradoiros para escolares impartidos polos propios veciños. Por tanto, o proxecto vai máis alá da rehabilitación, conservación e custodia de todo este patrimonio etnográfico a piques de desaparecer; senón que pretende a súa divulgación e a organización de actividades de índole formativa, lúdica ou demostrativa que fomenten o seu coñecemento e valoración da súa importancia no xeito de vida tradicional no rural galego. Asimesmo, agardase un efecto dinamizador na comarca que conleve o xurdimento de novas iniciativas vinculadas ó turismo rural, a artesanía ou a comercialización de produtos locais, como o que xa se está experimentando na actualidade cos proxectos levados a cabo nos últimos anos de rehabilitación e posta en valor do patrimonio histórico por parte da asociación de veciños de Puxedo.

* Proxecto en modificación

Expediente: L17-19.20-10-0066

Promotor
ASOC. VECIÑOS PUXEDO

Concello e Lugar
LOBIOS

Puntuación: 67
Orzamento Aceptado: 13.363,01 €
Porcentaxe axuda: 78,18%
Contía Axuda: 10.447,20 € 

Exposición Etnográfica permanente dos oficios do Xurés