Obradoiro artesá do tecido Inés Rir

Proxectos Produtivos

Este proxecto lévase a cabo para ampliar a actividade do taller de tecido artesán que se viña realizando nun pequeno estudo da aldea en San Mamede de Urrós. Dado de alta como Obradoiro con número 819 dentro da marca Artesanía de Galicia, realízanse tecidos artesáns nun tear manual tradicional e outras técnicas de estampación de tecidos para distintos profesionais coma deseñadores, arquitectos, interioristas e outros profesionais de diferentes sectores. Tamén se confeccionan produtos propios que se venden directamente a pequenos comerciantes e particulares interesados.

O proxecto consiste na Rehabilitación dunha edificación no casco vello da Allariz para a ampliación do obradoiro na que se desenvolvan os traballos de fabricación, venda, formación, investigación e difusión da cultura doo liño e doutros tecidos.

Expediente: L17-19.20-10-0001

Promotor: INÉS RODRIGUEZ RODRIGUEZ
Concello e Lugar: ALLARIZ
Puntuación: 56
Orzamento Aceptado: 54.542,3 €
Porcentaxe axuda: 47,14%
Contía Axuda: 25711,24 €*
Importe xustificado: 36.872,465 €
Axuda cobrada: 17.381,68 €
Pendente para 2018: 1.098,02 €

* Non hai dispoñibilidade orzamentaria para toda a axuda que lle corresponde. Acepta a axuda dispoñible por 18479,7 €