Obradoiro de conservas vexetais do Xurés

Proxectos Produtivos

Pretendese acondicionar un local cedido polo concello de Bande para a posta en marcha dun obradoiro de conservas vexetais.

Os obxectivos son dar saida á produción de estrugas e demais produtos vexetais da zona do Xurés e axudas a pequenos produtores da zona a envasar as suas producións.

A industrialización da conserva tradicional, caseira, facilitando a comercialización da materia prima da zona.

A principal materia prima, provirá das leiras da zona «Baixalimia», «Terra de Celanova» tratando así de contribuir ao desenvolvemento das explotacións agrícolas da comarca.

Ademais, transformación en conserva de receitas tradicionais da Baixa Limia, Terras de Celanova, a saber, couva, callos limiaos, bretois, caldo de naviza  berza, así como elaboracións enfocadas ao cliente vegano e vexetarianos, con certificación de ausencia de alerxenos (soia, gluten, etc).

Manter unha presenza continuada no mercado xurés para venda directa e promoción dos valores que promove a través da gastronomía. Distribución da produción en tendas gourmet e feiras sectoriais.

Expediente: L18-19.20- 10-0085

Titulo Proxecto: Obradoiro de conservas vexetais do xurés

Promotor: MARIA DEL CARMEN JIMÉNEZ PAZ

Concello e lugar do investimento: BANDE

Puntuación: 77.5

Orzamento Aceptado: 59.534,34 €

Porcentaxe axuda: 50%

Contía Axuda: 29.767,17 €

Incidencia no Emprego

Nº DE UTAS TOTAIS  A CREAR
Total: 1,3

Nº DE UTAS A CREAR PERTENCENTES COLECTIVOS DESFAVORECIDOS
Mulleres: 1

Obradoiro de conservas vexetais do Xurés