Obradoiro elaboración cremas artesanais

Proxectos Produtivos

O proxecto consiste na posta en marcha dunha microempresa para a elaboración de cremas corporais de xeito artesanal. Estas pomadas terán un proceso de elaboración integrado na súa totalidade nun espazo físico a acondicionar no lugar de O Val de Mourillós (Celanova). O proceso será completado integramente, desde a recoleción de materias primas (flores, tallos e raices para elaboración de esencias; e tamén cera de abella e demais ingredientes) até o proceso de elaboración, envasado e comercialización.

Será preciso investimento en obra civil para arranxo de obradoiro/almacén; acondicionamento de 6000 m2 de terreo para a produción de plantas aromáticas, e instalación de 10 colmeas para a produción de cera.

Imaxes antes da execución

Imaxes antes da execución

Expediente: L18-19.20- 10-0078

Titulo Proxecto: Obradoiro elaboración cremas artesanais

Promotor: AIDA FRÓIZ GONZÁLEZ

Concello  e lugar do investimento: Val de Mourillós. CELANOVA

Puntuación: 77

Orzamento Aceptado: 20.986,18 €

Porcentaxe axuda: 50%

Contía Axuda: 10.493,09 €

Incidencia no Emprego

Nº DE UTAS TOTAIS  A CREAR
Total: 1

Nº DE UTAS A CREAR PERTENCENTES COLECTIVOS DESFAVORECIDOS
Mulleres: 1

Obradoiro elaboración cremas artesanais