Programa de Compostaxe e reciclaxe

Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Allariz presenta un plan innovador de reciclaxe de residuos familiares e das actividades económicas (hosteleria, bares, restaurantes) e comedores publicos. Unha proposta na que o obxectivo é que a materia orgánica xerada sexa transformada nas propias hortas/xardíns ou en zonas habilitadas dentro do concello (cos puntos de compostaxe creados).

Este programa RE, vai máis alá dos servizos de recollido de lixo habituais, é un servizo engadido que a concellería de medio ambiente quere desenvolver co obxectivo de mellorar o entorno e reducir a contaminación urbana.

Para desenvolver este programa conta co apoio e colaboración de Adega (Asociación ecoloxista galega) para desenvolver a fase de difusión, información e sensibilización. Acompañaran o programa cunha serie de visitas ás vivendas (especialmente con mulleres) e á escola de Allariz para traballar cos nenos/as.

 

Expediente: L17-19.20-10-0045

Promotor: CONCELLO DE ALLARIZ
Concello e Lugar: CONCELLO DE ALLARIZ
Puntuación: 60
Orzamento Aceptado: 12.816,29 €
Porcentaxe axuda: 78,88%
Contía Axuda:  10.109,49 €
Importe xustificado 8.272,39 €
Axuda cobrada: 6.525,26

Programa de Compostaxe e reciclaxe