Do papel ao territorio
Obxectivos, estratexia e proxectos
O GDR10 Limia-Arnoia traballa en 25 concellos da provincia de Ourense, nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Entre os nosos obxectivos están a recuperación da actividade agraria, o apoio á diversificación económica ou crear espazos de innovación e impacto para as mulleres do territorio. Estes obxectivos están recollidos na nosa Estratexia de Desenvolvemento Local para o período 2023-2027.
Proxectos como Aterra –aproveitamento de terras en desuso–, Mixturando –valorización do bosque mixto atlántico– ou Ruralmente –valorización dos produtos agroalimentarios– están relacionados coa posta en valor dos nosos recursos e o desenvolvemento económico das nosas comarcas.
Outro xeito de construír as nosas comarcas
Proxectos nos que participamos
Aterra
O proxecto Aterra ten como obxectivo revitalizar o sector agrogandeiro nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova.
Espazos Efémeros
Espazos Efémeros: unha rede para reinventar o rural. Un proxecto de cooperación transnacional que busca dar nova vida ao rural a través do comercio, a cultura e o emprendemento.
Mixturando
Mixturando é unha iniciativa colaborativa que busca desenvolver novas estratexias para a valorización do bosque mixto atlántico en Galicia e en Asturias.
Nó rural
Nó Rural é unha iniciativa de cooperación entre seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) co obxectivo de fomentar o relevo xeracional no agro e dinamizar os territorio rurais.
Reserva da biosfera
Conservar e protexer a biodiversidade, ao mesmo tempo que se persegue o desenvolvemento económico e humano da Área de Allariz.
Ruralmente
Ruralmente fomenta a innovación, o coñecemento compartido e a valorización dos produtos agroalimentarios locais amparados baixo selos de calidade.
LEADER 23-27
Impulsa o teu proxecto para revitalizar o rural
O programa LEADER é unha iniciativa da Unión Europea destinada a manter vivas as áreas rurais dos países membros. Aproveita os recursos propios e potencia a innovación desde abaixo cara a arriba. Aprende cales son as subvencións, o ámbito xeográfico e o calendario.
Xeodestino A Limia
Este Xeodestino pretende ser un lugar de referencia para aqueles amantes da ornitoloxía e da natureza nas zonas da antiga Lagoa de Antela e das Areeiras da Limia, mentras que tamén poden desfrutar do seu patrimonio histórico.
O obxectivo é ser unha referencia para aqueles amantes da ornitoloxía e da natureza.
Xeodestino Allariz-Maceda
Este Xeodestino busca promover o territorio como destino cultural e sostible, destacando o seu patrimonio artístico, gastronómico e tradicional, fomentando a preservación das artes e a conexión coas comunidades locais.
O obxectivo é promover o territorio como destino cultural e sostible.
25 motivos
O proxecto destaca e difunde iniciativas que contribúen á dinamización social e económica e á posta en valor do patrimonio material e inmaterial dos 25 concellos que conforman o territorio do GDR Limia-Arnoia.
O obxectivo é a dinamización social e económica do territorio.
Actualidade GDR10 Limia-Arnoia
As últimas novas publicadas

Representantes do Camiño Mozárabe participan nun intercambio de experiencias en xestión e promoción do Camiño de Santiago
Unhas vinte persoas de diferentes institucións pertencentes á Asociación de Municipios del Camino Mozárabe de Santiago están a participar estes días nunha viaxe de inmersión técnica ao Camiño Portugués que leva por título “Intercambio de experiencias en xestión e promoción

Mixturando reúne en Lobios a máis de trinta profesionais da educación agraria para abordar o papel do bosque mixto na prevención de incendios
O pasado sábado día 8 novembro, o salón multiusos de Lobios acollou unha nova xornada formativa do proxecto Mixturando, baixo o título “O bosque mixto e os incendios”, na que participaron máis de trinta profesionais da educación agraria, representantes municipais

Publicados os resultados da proba escrita do proceso selectivo do GDR Limia-Arnoia
Dende o GDR Limia-Arnoia facemos públicos os resultados da proba escrita correspondente ao proceso selectivo aberto para a contratación de persoal técnico para xestionar o programa LEADER 2023-2027 no territorio. Para superar esta fase era necesario acadar un mínimo do
O portal de emprego e oportunidades do GDR Limia-Arnoia
O GDR Limia-Arnoia ten un lugar propio no portal de emprego Ficar aquí para conectar empresas e persoas que queren traballar e vivir no rural. Visita o noso perfil e revisa as oportunidades.