A comarca da Limia estará moi presente en FITUR, a Feira Internacional do Turismo que se celebra en Madrid do 24 ao 28 de xaneiro, onde se dará a coñecer o potencial turístico, patrimonial e cultural dos once concellos que compoñen este xeodestino.
Ademais do diverso material que se poderá atopará na feira, mañá día 24 – ás 16:30 horas – terá lugar no pavillón de Galicia a presentación do Xeodestino da Limia nun acto que correrá a cargo de Eva González, Xerente do GDR Limia – Arnoia. O Xeodestino da Limia está composto polo concellos de Baltar, Calvos de Randín, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Tramirás, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. Dentro da campaña de promoción do territorio falarase de algúns dos elementos de maior interese patromoinial da zona; tales como as torres de Sandiás, A Pena e A Forxa – todas no Concello de Porqueira -; a riqueza natural de todo o territorio e os espazos protexidos incluídos dentro da Reserva da Biosfera Área de Allariz; e tamén do Entroido de Xinzo de Limia declarado como Festa de Interese Turísico Nacional.