O GDR Limia Arnoia inicia este mes de novembro un proxecto
centrado na Análise para o deseño de accións co contribuan a un
territorio sustentado na economía circular.
Un dos fundamentos deste tipo de economía é que os residuos dunhas
actividades económicas convértense en recursos doutras, de aí a
importancia de traballar a prol deste movemento.
Para comezar a falar da ECONOMÍA CIRCULAR no noso territorioorganizamos unha xornada de análise con diferentes axentes locais na vindeira semana.
DÍA: MÉRCORES, 8 DE NOVEMBRO
LUGAR:SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA.
HORA: 11:00-13:00 H.
ORDE DE TRABALLO:
A) BREVE PRESENTACIÓN SOBRE ECONOMÍA CIRCULAR
B) ANÁLISE XERA:REUTILIZACIÓN E RECICLAXE.
C) ANÁLISE DO TERRITORIO E DOS “NOVOS” RECURSOS LOCAIS