A Praza de Abastos de Allariz (Mercado da Reserva) será este sábado entre as 17:00 e as 19:00 horas o punto de encontro para o troco de sementes locais no que poden participar todas aquelas persoas interesadas.

“Sementes locais” é o nome desta actividade incluída no programa programa “Vive a reserva”, que se enmarca no proxecto europeo Equal Rural e que está organizado polo equipo técnico da Reserva da Biosfera Área de Allariz e do GDR Limia Arnoia.

A sesión do sábado comezará cun faladoiro sobre a importancia das variedades locais de sementes e como reproducilas de xeito correcto. Diso encargaranse tres mulleres que coñecen ben este mundo: Belén Fervenza, labrega e bióloga, Horta do Cadaval; Pilar Penín, labrega e pertencente ao banco de Sementes CDR O Viso; e Ruth Labad, labrega, mestra e do grupo sementes da contorna de Xunqueira. Paralelamente iranse identificando e colocando as sementes que achegarán os asistentes nunha mesa corrida para trocalas. A sesión rematará cunha degustación sorpresa.

Para asistir a este encontro é necasario anotarse previamente no teléfono 664 52 44 86.

Logos financiamentos GDR