As asociacións, cooperativas e comunidades de montes que desexen formar parte do grupo deben presentar a solicitude de adhesión xunto coa documentación seguinte antes do día 2 de xullo.
- Modelo de adhesión (descargar)
- Copia estatutos e NIF da asociación
- Acordo de Xunta Directiva de adhesión ao GDR 10 (LIMIA ARNOIA)
- Demostrar como mínimo un ano de actividade da asociación(se formaban parte dun GDR anteriormente non faría falla demostrar este último apartado).
O novo GDR10 Limia-Arnoia engloba os concellos de Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Bola (A), Blancos (Os), Calvos de Randín, Celanova, Entrimo, Lobeira, Lobios, Maceda, Muíños, Porqueira (A), Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras, Verea, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo da Limia, Xunqueira de Ambía.