O GDR Limia-Arnoia abre proceso selectivo para a creación dun posto de técnica/o. O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles a partir de hoxe (18 de xaneiro de 2023).
O posto créase para completar e mellorar o equipo técnico do GDR10 Limia-Arnoia. Entre as súas funcións estarán informar á poboación sobre iniciativas do GDR10 como Aterra ou Equal Rural, sobre os fondos LEADER, ou o acompañamento e asesoramento na xestión dos proxectos presentados ao programa LEADER.
O obxectivo é contar cun equipo interdisciplinario e móbil que viaxe por todo o territorio para informar e asesorar á poboación.
Presentación de solicitude e proceso selectivo
As interesadas/os deberán presentar: modelo de solicitude (pode descargarse ao final deste post), currículo, copia do DNI, carné de conducir, declaracións, valoración de méritos (modelo que pode descargarse ao final deste post) e copia da documentación que acredite os méritos alegados. As solicitudes presentaranse no correo info@limia-arnoia.gal e entenderase por rexistrada a participación cando o GDR envíe unha resposta coa mensaxe: “Recibido. O seu número de rexistro é:_”.
Despois de comprobar o cumprimento dos requisitos, ábrese un proceso selectivo que consta de tres fases:
- Fase A: proba escrita (60 puntos).
- Fase B: entrevista persoal (15 puntos).
- Fase C: valoración curricular (25 puntos).
Podedes consultar as bases da convocatoria con toda a información máis detallada a continuación. Pódese contactar co GDR no correo info@limia-arnoia.gal ou no teléfono 604 028 453.