Alimentos da biosfera

Proxectos de cooperación entre GDR

Museos vivos

Denominación do proxecto: Rede para a promoción de circuítos curtos alimentarios baixo a marca Reserva da Biosfera

Orzamento: 57.474€

GDR Participantes:
ADR Mariñas-Betanzos (A Coruña)
Limia Arnoia GDR10 (Ourense)
Asociación Seitura 22 (A Coruña)
GDR Ulla-Tambre-Mandeo (A Coruña)
Asociación Terras de Miranda (Lugo)
ADC Terra Chá (Lugo)
ADR Comarca de Lugo (Lugo)
Asociación Montes e Vales Orientais (Lugo)
Asociación Miño-Ulloa (Lugo)

Coordinador: ADR Mariñas-Betanzos (A Coruña)

Este proxecto ten como obxectivo o impulso das marcas propias e a marca Nacional nas Reservas da Biosfera españolas para producións alimentarias e servizos turísticos, como estratexia para a mellora da calidade destas producións, para que contribúan á mitigación do cambio climático mediante o fomento do consumo en circuítos curtos locais.

Este proxecto persegue utilizar a ferramenta da cooperación interterritorial entre GDR e aproveitar ao mesmo tempo as sinerxias coas entidades xestoras das Reservas de Biosfera e a proxección das marcas de calidade asociadas a estas, para actuar proactivamente na mellora das producións agroalimentarias locais e o impulso do seu consumo en circuítos curtos.

O proxecto expón actuacións de animación para que as empresas se incorpóren á marca propia xerada con iste proxecto. Tamén se promoverán actuacións dirixidas a mellorar a calidade das producións, e actuacións dirixidas a mellorar a visibilidade destes produtos, así como unha última fase de organización do consumo de produtos locais ecolóxicos en comedores escolares.

O GDR Limia-Arnoia vai desenvolver este proxecto en colaboración co CEIP Plurlingüe Carlos Cid Arregui, de Rairiz de Veiga, ao longo do ano 2022.

Logos financiamentos GDR