O vindeiro mércores, 16 de marzo, chega a Allariz o encontro informativo “Camiño de futuro” co que a Xunta de Galicia quere dar a coñecer as diferentes liñas de axudas dirixidas a pequenas e medianas empresas e persoas autónomas das zonas rurais co fin de aumentar a súa competitividade.

A sesión informativa, que comeza ás 12:00 horas, terá lugar no hotel OCA Vila de Allariz (Paseo do Arnado 1, Allariz) e nel presentaranse as diferentes liñas de axudas existentes e tamén haberá unha mesa redonda na que se expoñerán varios casos de éxito. Este é o programa:

  • 12:00 horas: Benvida a cargo de Bernardo Varela López, Tenente de Alcalde do Concello de Allariz
  • 12:05 horas: Introdución do Programa Impulso á Innovación nas Pemes. Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN)
  • 12:10 horas: Presentación Mapas de Apoios da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Interveñen Patricia Fernández Liz, Directora da Área de Serizos en GAIN; e Miguel Fidalgo Iglesias, Responsable Oficinas Sur en IGAPE
  • 12:40 horas: Presentación de Apoios doutras Consellerías (GDR). Eva González, Coordinadora do GDR Limia-Arnoia
  • 13:00 horas: Mesa redonda con casos de éxito empresaria. Modera representante GAIN / IGAPE
  • 13:35 horas: Peche da xornada e café-networking

Inscricións

Esta é unha xornada gratuíta dirixida a representantes de pequenas e medianas empresas de todo o territorio así como persoas autónomas. Para asistir é necesario completar o seguinte formulario de inscrición: https://forms.gle/jowgJpJx6gt4mvRZ8

Logos financiamentos GDR