O martes, día 10 de maio, as alumnas e alumnos de 4º de Educación Primaria do CEIP Padre Feijoo de Allariz visitarán diversos espazos situados ao sureste da Reserva da Biosfera de Allariz.
En concreto, ás 9.30 horas sairán do centro educativo para dirixirse ao Museo da Limia onde realizarán unha visita guiada e terán a oportunidade de asistir a unha demostración en vivo sobre o liño. A súa chegada está prevista para as 10.00 horas. Ao longo da mañá tamén visitarán as Veigas de Ponteliñares, o observatorio de aves e a Carballa da Rocha.
Esta é unha actividade incluída no marco das xornadas “Son Reserva” organizadas pola Reserva da Biosfera da Área de Allariz e o GDR Limia-Arnoia. Estas xornadas teñen como finalidade que o alumnado coñeza os principais recursos e valores da Reserva da Biosfera da Área de Allariz.