O vindeiro luns, 17 de abril, arranca unha nova edición das xornadas “Son Reserva” impulsadas pola Reserva da Biosfera da Área de Allariz e o GDR Limia-Arnoia e que se realizarán no CEIP Padre Feijoo, de Allariz e no CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui, de Rairiz de Veiga.
Esta é unha iniciativa que ten como obxectivo dar a coñecer entre o alumnado da zona os principais recursos e valores que existentes na Reserva da Biosfera da Área de Allariz. E para iso realizarase distintas actividades entre as que están unha sesión na propia aula e unha saída a diferentes puntos de interese da propia Reserva.
As xornadas “Son Reserva” arrancan este luns, 17 de abril, co alumando de 4º de Educación Primaria do CEIP Padre Feijoo de Allariz. Primeiro terán unha sesión teórica na aula e ao día seguinte, o martes 18, visitarán o Museo da Limia (en Vilar de Santos), as Veigas de Ponteliñares e rematarán xantando na Carballa da Rocha.
Xa en maio, os días 4 e 5, será a quenda dos alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Carlos Cid Arregui, de Rairiz de Veiga. O primeiro día será unha sesión máis teórica na propia aula e ao día seguinte sairán a coñecer o Museo da Limia e a zona Santa Mariña das Augas Santas.