Asóciate
A túa voz conta. Únete ao GDR Limia-Arnoia

Os obxectivos do GDR Limia Arnoia son:
- Valoración do patrimonio natural e cultural.
- Mellora do entorno económico coa finalidade de contribuír á creación de emprego.
- Mellorar a capacidade de organización das diferentes comunidades.
QUEREMOS CONTAR CON VÓS
Se formas parte dunha asociación xuvenil, de mulleres ou agraria, ou dunha entidade de acción social, para a conservación do medio ou do sector cultural, educativo e etnográfico, queremos contar con vós.
Completa o formulario de solicitude para asociar a túa organización ao Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia (GDR-10) e envíanos a documentación complementaria ao email info@limia-arnoia.gal. Se tes calquera dúbida, ponte en contacto con nós no teléfono 988 688 779.
