A semana pasada publicamos as condicións de acceso ás terras da Finca Antela. Antes de proceder ao arrendamento das mesmas, o GDR Limia-Arnoia a través do seu proxecto Aterra, fai pública as bases de licitación para a sega da herba. O obxectivo da convocatoria é que as parcelas da Finca Antela, situadas no Concello de Sandiás, estean acondicionadas para o uso agrícola antes de ser arrendadas. 

A herba das parcelas será adxudicada á persoa que propoña a oferta económica máis vantaxosa, partindo a licitación en 3.500€.

A persoa adxudicataria da licitación deberá realizar a sega entre o 15 de xuño e o 15 de agosto, data límite para deixar a terra libre para uso agrícola. 

Presentación das solicitudes

Para presentar a solicitude para a sega da herba cómpre descargar o “Anexo I. Formulario de solicitude” e envialo cumprimentado xunto coa documentación requerida ao correo info@aterra.gal. Entenderase por rexistrado cando o GDR Limia-Arnoia envíe un correo electrónico coa mensaxe: “Recibido. O seu número de rexistro é_”. 

O prazo de presentación das solicitudes é de 7 días naturais a partir de mañá (30 de abril). 

A información sobre a documentación requerida (ademais do formulario) e sobre a tramitación e resolución da convocatoria está incluída nas bases que se poden consultar a continuación. 

Logos financiamentos GDR