É tempo de entroido, palabra que na provincia de Ourense adquire un siginificado especial. Dende o Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia convídanvos a participar no seu “Concurso de Fotografía de Entroido”. Podedes participar en dúas categorías: traxe tradicional Entroido ourensán e xeral. A participación está aberta ata o vindeiro 3 de marzo.
Concurso de fotografía
Dende a páxina web creada para o concurso pódese: subir a fotografía e participar, votar e ver participantes e consultar as bases legais. Isto é todo o que tedes que saber:
- Pódese participar en dúas categorías: traxe tradicional Entroido ourensán e categoría xeral.
- Na categoría de traxe tradicional, só serán válidas fotografías que sexan de traxes tradicionais do Entroido ourensán.
- A participación está aberta ata o vindeiro 3 de marzo de 2022.
- Os premios son: máscara do Felo da Alfarería Agustín (Niñodaguia) para a categoría de traxe tradicional, unha libreta e un xogo de 3 en raia de Inés Rir na categoría xeral.
- As persoas gañadoras serán as dúas que teñan as fotografías máis votadas de cada categría.
- Pode participar calquera persoa residente en España e non se realizarán envíos dos premios fóra da Península Ibérica.
O Entroido no Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia
O Entroido é parte fundamental da tradición e da historia na provincia de Ourense. Fóra do triángulo máxico de Verín, Xinzo e Laza, o Entroido e a súa maxia chegan a Manzaneda e as súas mázcaras e folións, a Bande cos seus troteiros, a Vilariño de Conso e Viana onde tamén son coñecidos os seus folións…, e a Maceda onde o protagonista é o Felo.
O Felo é a figura máis destacada do Entroido no Xeodestino. As orixes da máscara remóntanse, segundo algunhas fontes, ás festas pagás da Protohistoria. Tamén se cre que a súa orixe está na época medieval, cando personaxes disfrazados baixaban da Serra de San Mamede para satirizar ao señor feudal.