O GDR Limia-Arnoia organiza un curso semipresencial de incorporación á actividade agraria en gandería extensiva dividido en 3 módulos. Ten un duración de 100 horas das cales 50 son online e 50 presenciais. É necesario asistir ao 100% das horas presenciais para obter a certificación.
Agrotecnoloxía, produción de forraxes e alimentación, manexo do gando e produción de carne
Os módulos son independentes entre si e versarán sobre agrotecnoloxía (módulo 6), produción de forraxes e alimentación de gando (módulo 7) e manexo de gando e produción de carne (módulo 8).
O módulo 6 de agrotecnoloxía ten unha duración de 30 horas, 15 online e 15 presenciais. A parte online será do 23 de maio ao 13 de xuño e a parte presencial entre o 20 e o 28 de xuño.
O módulo 7 de produción de forraxes e alimentación de gando ten unha duración de 40 horas, 20 online e 20 presenciais e o módulo 8 de manexo do gando e produción de carne son 30 horas, 15 online e 15 presenciais. Ambos os dous serán impartidos de forma online do día 11 de xullo ao 5 de setembro e de forma presencial entre o 12 de setembro e o 7 de outubro.
Para obter a certificación do curso, emitida pola Consellería do Medio Rural hai que superar a parte online e asistir ao 100% das clases presenciais. Despois desta comprobación, poderase facer o exame de cada módulo. Unha vez superado o exame e cumpríndose todos os requisitos, obterase a certificación por parte do Agacal. Tamén se poden inscribir as persoas que non obten ao certificado oficial.
A parte presencial impartirase no Concello de Xunqueira de Ambía, en Ourense. Na parte online poderase acceder as 24 horas do día nas datas sinaladas a través do campus virtual do Sindicato Labrego Galego.
Inscricións antes do 20 de maio
As inscricións pódense realizar neste enlace: https://bit.ly/3kMJe7q.
Para calquera dúbida pódese chamar ao 988 688 779 ou enviar un correo á dirección info@limia-arnoia.gal