Uns 200 nenos e nenas do CEIP Padre Crespo (Xunqueira de Ambía), do CEIP Carlos Cid (Rairiz de Veiga) e do CEIP Santa María A Real (Entrimo) degustarán hoxe, mañá e o xoves un menú a base de productos locais, ecolóxicos e de tempada deseñado especialmente para eles e elas por un equipo de nutricionistas.
Ensaladas de outono e potaxe de fabas con cabaza son algúns dos pratos que degustarán estes días a rapazada destes tres centros de ensino.
Programa EcoComedores
Esta é unha iniciativa impulsada polo GDR Limia-Arnoia e que se inclúe dentro do programa EcoComedores no que participan outros Grupos de Desenvolvemento Rural de todo país, Gadisa e a Axencia Galega de Servizos Sociais e que está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, dentro do programa Leader. O programa EcoComedores ten como finalidade fomentar a colaboración entre produtoras locais e os centros de ensino co fin de garantir un menú escolar nutritivo e de tempada así como dinamizar o rural apoiando os proxectos actuais e fomentando o nacemento doutros.
Esta é unha actividade complementaria a outras realizadas nos meses pasados tales como diferentes charlas informativas para a comunidade educativa e asesoramento nutrucional nos centros de ensino participantes.