Museos Vivos
Proxectos de cooperación entre GDR
Orzamento: 30.050€
GDR Participantes:
Ribeira Sacra Courel (Lugo)
Limia Arnoia GDR10 (Ourense)
Asdecomor (A Coruña)
+ 6 GDR de Castela e León
Coordinador: GDR Ribeira Sacra Courel
Sitio web: museosvivos.com
Os GDRs participantes e os seus respectivos territorios teñen unha gran diversidade de centros de interpretación, museos… de diferentes temáticas que, por diversos motivos non están plenamente operativos.
O proxecto “Museos Vivos” consiste en concatenar e realizar conexións temáticas entre estes centros de territorios distintos, co fin de divulgar a cultura rural, as tradicións e os valores ambientais dos pobos e paisaxes que estas áreas albergan, permitindo ao mesmo tempo o incremento da autoestima da poboación e da súa concienciación ambiental.
Estas accións conxuntas, permitirán a apertura destes Centros ou Museos mediante o deseño de sistemas que ofrezan á poboación dos territorios e aos visitantes unha apertura permanente, cunha dispoñibilidade en función da demanda dos visitantes, coa posta en marcha de instrumentos Smart.
Na actualidade, as novas tecnoloxías, con diferentes sistemas, permiten manter estes centros abertos e dispostos para a súa visita e ser mostrados a toda a poboación e que sigan cumprindo o fin para o que foron deseñados e creados
A execución deste proxecto con sistemas de apertura automatizados e de realización de visitas permitirá aos visitantes a apertura e acceso ás súas instalacións, e poder gozar dunha Plataforma Intelixente de Apertura e Vídeo seguimento.
Ademais desta Plataforma Intelixente é necesario deseñar sistemas que transmitan unha correcta información sobre os contidos que os centros e museos albergan. Realizando segundo conveña, apps, sistemas de audio guiado, iluminación intelixente, etc.
No caso do GDR10 Limia-Arnoia, o Museo no que se implantará o sistema automatizado de Museos Vivos será no Forno da Santa (ou Basílica da Asunción) en Santa Mariña de Augasantas no concello de Allariz.