Nos últimos días do 2022 falabámosvos por primeira vez de Equal Rural, proxecto europeo no que estamos a traballar a Reserva da Biosfera de Allariz, o GDR Limia-Arnoia, a Associaçao dos Jovens Agricultores de Portugal (AJAP) e a Associaçao Inovterra. Equal Rural está incluído dentro do “Citizens, Equality, Rights and Values Porgramme (CERV)” da Comisión Europea.

Os encontros dixitais “Venres en feminino” responden ao obxectivo de buscar casos de boas prácticas que axuden a entender os desafíos aos que se enfronta a muller no sector agrario, mellorar a súa inclusión e participación e promover o seu desenvolvemento persoal, social e profesional.

Os socios galegos serán os encargados de organizar 4 dos 24 encontros programados e con eles preténdese dar a coñecer os desafíos actuais aos que se enfrontan a mulleres do sector agrario (diferencias salariais, teitos de cristal,…) e buscar aqueles casos de éxito para mellorar a súa inclusión. Trátase duns encontros curtos, dunha hora de duración, e gratuítos. Neles poden partiticipar todas as persoas interesadas, especialmente a aquelas mulleres que traballan no agro ou que estudan algún ciclo ou carreira universitaria relacionada co sector.

Programación “Venres en feminino”

Compartimos a programación dos encontros dixitais “Venres en Feminino” para os vindeiros meses. As inscricións poden facerse no correo limia-arnoia@limia-arnoia.gal.

Logos financiamentos GDR