Despois dun 2022 moi bo para o GDR Limia-Arnoia, o 2023 debe ser o ano da consolidación. “Tiñamos que crernos que un grupo de vintecinco concellos podería ser unha ferramenta útil”. Son declaracións de Eva González, coordinadora do GDR para a Cadena SER.

Proxectos no 2023 do GDR Limia-Arnoia

Na entrevista coa Cadena SER, Eva González fala de que neste 2023 verán a luz 25 proxectos seleccionados polo GDR para o seu financiamento a través do programa Leader. Ademais, está en marcha un proxecto europeo para estudar as condicións económicas e laborais das mulleres que traballan no agro.

2023 debe ser, sobre todo, o ano do despegue de Aterra, unha plataforma para a xestión de terra agraria que é o piar fundamental da Estratexia de Desenvolvemento Rural 2023-2027.

A reflexión final é que “Necesitamos un sector agrario forte para que o resto de sectores sexan fortes”. Debemos tirar o máximo proveito posible do potencial agrario do territorio. Por último, o GDR Limia-Arnoia quere encamiñar o seu traballo cara a especialización, traballar en cada zona atendendo os seus recursos e demandas.

Logos financiamentos GDR