O proxecto Nó Rural, apoiado polo GDR Limia-Arnoia xunto con outros cinco Grupos de Desenvolvemento Rural galegos, busca promover a inserción da mocidade nas zonas rurais, concretamente no sector primario. Deste xeito, foméntase un programa de prácticas centrado sobre todo en empresas pequenas para asegurar un relevo xeracional que necesite persoal cualificado e conseguir que o asentamento da xuventude nestas zonas.
Ofertas de emprego en San Sadurniño
Veñen de crear Facebook e Instagram para o portal de emprego, baixo o nome Traballo Nó Rural.
As ofertas que se poden atopar actualmente son:
- Persoa para realizar tarefas de alimentación de gando, manexo de tractor para tarefas de granxa e labores de muxido, en San Sadurniño (A Coruña).
- Peón xornaleiro agrícola para traballos de limpeza e produción en invernadeiros, en San Sadurniño (A Coruña).
Máis información nas redes citadas ou na súa páxina web.