Nó Rural

Proxectos de cooperación entre GDR

Nó Rural

Denominación do proxecto: Nó Rural, rede para a incorporación de persoas no sector primario.

Orzamento: 99.600,00 €

GDR Participantes:
ADR Mariñas-Betanzos (A Coruña)
Limia Arnoia GDR10 (Ourense)
Asociación Seitura 22 (A Coruña)
ADR Comarca de Lugo (Lugo)
ADC Terra Chá (Lugo)
Eu Rural (Pontevedra)

Coordinador: ADR Mariñas-Betanzos (A Coruña)

 Sitio web: norural.gal

O GDR Limia-Arnoia é un dos seis Grupos de Desenvolvemento Rural galegos que impulsa o programa de cooperación “Nó Rural” que suma ademais a implicación de aproximadamente 100 concellos, con representación de todas as provincias galegas.

O obxectivo deste proxecto é promover a inserción da mocidade nas zonas rurais para o que se creou un servizo de prácticas en empresas ubicadas nos diferentes territorios.

“Nó Rural pretende facilitar o acceso dos mozos e mozas ao mercado laboral a través dun contacto directo coas nosas empresas do sector primario, especialmente coas máis pequenas onde poda que non haxa un relevo xeracional ou que necesiten de persoal cualificado para o seu impulso. E desta forma pretendemos que eses mozos e mozas se queden a vivir aquí, no rural”, sinala Eva González, Coordinadora do GDR Limia- Arnoia.

Estanse a realizar unha serie de enquisas nos diferentes concellos que forman os territorios que impulsan este programa, para coñecer as necesidades reais da poboación e as empresas.

Portal de emprego

norural.gal é a dirección da páxina web do programa onde se pode atopar información de interese sobre o proxecto, datos de contacto,… e que tamén funciona coma un portal de emprego no se poden publicar ofertas de traballo e enviar currículums.

Nó Rural contempla outras liñas de acción centradas na formación. Así mesmo, o programa inclúe tamén a organización de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación, a docencia e o desenvolvemento tecnolóxico.

Logos financiamentos GDR