Novas do GDR-10
Os proxectos máis innovadores apoiados polo GDR Limia – Arnoia no periodo 2017-2021 teñen nome de muller
Nas convocatorias de axuda do periodo 2017-2021 do Programa Leader, o equipo técnico do GDR Limia - Arnoia fai balance dos proxectos financiados durante este tempo cun total de 4,4 millóns de euros públicos executados. Deste pequeno estudo despréndese que nos últimos...
Primeira mesa de emprego “Nó Rural”
O proxecto "Nó Rural" é unha iniciativa para o acompañamento da mocidade interesada nas oportunidades das áreas rurais para desenvolver así o seu proxecto profesional e persoal. A través desta rede, búscase animar a incorporación de persoas no sector primario. "Nó...
O GDR Limia-Arnoia prepara a súa estratexia de Desenvolvemento Local para o período 2023-2027
O Grupo de Desenvolvemento Rural - GDR - Limia-Arnoia vén de poñer en marcha unha campaña para dar a coñecer o grupo entre as diferentes entidades locais do territorio e convidalas a que participen no deseño dunha Estratexia de Desenvolvemento Local para as comarcas...
Produtos da Reserva da Biosfera nos menús do CEIP Carlos Cid Arregui
O GDR Limia-Arnoia organiza unhas xornadas ao redor da marca Reserva da Biosfera para o alumnado do colexio Carlos Cid Arregui de Rairz de Veiga. Deste xeito, os nenos puideron visitar o entorno da Reserva da Biosfera, Allariz e o museo de Vilar de Santos. Nestas...
“Nó Rural” publica as primeiras ofertas de emprego
O proxecto Nó Rural, apoiado polo GDR Limia-Arnoia xunto con outros cinco Grupos de Desenvolvemento Rural galegos, busca promover a inserción da mocidade nas zonas rurais, concretamente no sector primario. Deste xeito, foméntase un programa de prácticas centrado sobre...
O GDR Limia-Arnoia leva alimentos baixo a marca Reserva da Biosfera ao comedor do CEIP Plurlingüe Carlos Cid Arregui
O luns e o martes da próxima semana realizaranse unhas xornadas nas que se elaborarán, baixo a supervisión dunha nutricionista, menús con produtos locais e ecolóxicos O luns e o martes da próxima semana (30 e 31 de maio) a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe...
Allariz aposta por un plan turístico centrado nos produtos típicos locais
A Xunta Directiva do GDR Limia-Arnoia aprobou esta mañá o Plan de Sostibilidade Turística en Destino Nove concellos da área de Allariz presentarán de forma conxunta a súa candidatura á convocatoria do Plan de Sostibilidade Turística en Destino do Ministerio de...
Alumnado do CEIP Padre Feijoo visita o martes o sureste da Reserva da Biosfera de Allariz
O martes, día 10 de maio, as alumnas e alumnos de 4º de Educación Primaria do CEIP Padre Feijoo de Allariz visitarán diversos espazos situados ao sureste da Reserva da Biosfera de Allariz. En concreto, ás 9.30 horas sairán do centro educativo para dirixirse ao Museo...
III e IV Xornadas do proxecto “Son de Monte” centradas na xestión do monte
Os vindeiros días 9 e 10 de maio chegan de novo as xornadas de "Son de Monte". Terán lugar en Culleredo e A Capela. Desta volta estarán centradas na xestión do monte e ambos días rematarase a sesión realizando unha saída do lugar da reunión para poder visualizar o...
Curso de incorporación á actividade agraria en gandería extensiva
O GDR Limia-Arnoia organiza un curso semipresencial de incorporación á actividade agraria en gandería extensiva dividido en 3 módulos. Ten un duración de 100 horas das cales 50 son online e 50 presenciais. É necesario asistir ao 100% das horas presenciais para obter a...