O próximo luns, 19 de xuño, ás 19:00 horas terá lugar na Sala do Fogar do Maior de Allariz unha xuntanza para a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino – SICTED – nos diferentes establecementos hostaleiros e turísticos do xeodestino Allariz-Maceda (Allariz, Xunqueira de Ambía, Taboadela, Vilar de Santos, Vilar de Barrio, Maceda, Padernede Allariz e San Cribrao das Viñas).

O selo SICTED é un distintivo de calidade promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co que se recoñecen os servizos prestados por parte dunha empresa e coa que ademais se accede a múltiples beneficios.

Como participar?

A participación no proxecto inclúe a asistencia a diferentes sesións formativas que se desenvolverán nos vindeiros meses así como visitas individualizadas a cada empresa por parte de consultores para o apoio na implantación de boas prácticas de calidade turística. A implantación do selo SICTED é completamente gratuíta.

As persoas interesadas poden ampliar información e confirmar a súa asistencia á xuntanza do vindeiro luns no enderezo electrónico info@limia-arnoia.gal ou no número de teléfono 988 688 779.

Logos financiamentos GDR