Gumersindo Lamas, presidente do GDR Limia-Arnoia e Raúl Alfonso González, Vicario Episcopal para o Patrimonio e o Sostemento da Igrexa da Diócese de Ourense, asinaron esta mañá un convenio de colaboración que ten como finalidade o impulso do sector agrogandeiro do territorio. Este é un acordo que se enmcarca dentro do proxecto Aterra; unha iniciativa pioneira de xestión de terras liderada GDR Limia-Arnoia e que será o eixo central de actuación do grupo nos próximos meses.  

Coa sinatura deste convenio, a Diócese de Ourense – propietaria dun notable patrimonio rústico e que unha parte está en desuso – pon a disposición de todas aquelas persoas que o necesiten estes terreos. Os técnicos do GDR Limia-Arnoia serán os encargados de publicitar estas terras tanto na páxina web (aterra.gal) como a través das súas redes sociais. Ademais, actuarán como intermediarios para facilitar o acordo de aluguer, venda ou cesión entre os interesados actuando como intermediarios xa que Aterra é un servizo sen ánimo de lucro.

O presidente do GDR Limia-Arnoia agradeceu a colaboración da Diócese ourensana no impulso do sector agrogandeiro do territorio e contribuír así á recuperación das terras abandonadas ou en desuso a través da posta en contacto de ofertantes e demandantes dos terreos e outras explotacións.

Logos financiamentos GDR