Unhas 20 persoas que traballan na xestión e promoción do patrimonio natural e cultural nos diferentes municipios que forman o territorio do GDR Limia-Arnoia mantiveron esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Bande un encontro con axentes do Grupo de Desenvolvemento Local.

Nesta mesa de participación, impulsada polo GDR Limia-Arnoia, fíxose unha análise sobre a xestión que se está a realizar actualmente sobre o patrimonio natural e cultural existente en todo o territorio e tamén se enumeraron os principais recursos dos que dispoñemos. No encontro, dunhas dúas horas de duración, trazáronse as liñas de actuación máis urxentes entre as que está a promoción e posta en valor dos principais recursos para converterse un referente a nivel rexional.

Próximo encontro sobre medio ambiente en Lobios

Nesta mesma liña, o GDR Limia-Arnoia vén de organizar unha nova xuntanza sobre o medio ambiente que terá lugar o vindeiro xoves, 30 de marzo, ás 09:45 horas na Sede do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés (Lobios).

Este é un encontro aberto a todas aquelas persoas interesadas e que ten como obxectivo detectar as principais liñas de actuación no ámbito ambiental para situar a todo o territorio do GDR Limia – Arnoia coma un referente.

As dúas xuntanzas desta semana forman parte proceso participativo da Estratexia de Desenvolvemento Local 2023-2027 que está a elaborar o GDR Limia-Arnoia.

Logos financiamentos GDR