O Programa Leader xestionado polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Limia-Arnoia desenvolveu un total de 23 proxectos nas comarcas de Celanova e Baixa Limia e que no seu conxunto supuxeron un investimento de máis de 1,5 millóns de euros e un total de 900.000 euros de axudas concedidas.

Ao longo deste periodo desenvolvéronse nestas comarcas 9 proxectos produtivos, 10 non produtivos privados e 4 proxectos non produtivos públicos. Ainda que as inciativas son moi variadas todas teñen en común a loita contra o despoboamento no rural e a posta en valor dos nosos recursos. Grazas a estas axudas europeas naceron proxectos como o de Aida Fróiz que en 2018 puxo en marcha o seu obradoiro para a elaboración artesanal de cremas para o corpo con diversas materias primas da contorna tales como flores, raíces, cera de Abella,… Hoxe en día Cosmética Natural Terra ten a súa propia tenda en liña dende a que vende produtos para calquera parte do mundo.

Outro dos proxectos subvencionados durante este periodo desenvolvido polo Concello de Bande foi a recuperación e posta en valor do Foxo do lobo das Covateiras e que na actualidade é un dos reclamos turísticos do municipio repercutindo de forma notable na economía local.

As axudas do Programa Leader tamén permitiron desenvolver proxectos como a creación do Centro de Interpretación da Tracción Animal (Citran) na Baixa Limia, unha proposta que chegou da man da Asociación Galega de Tracción Animal A Molida e que hoxe é un punto de referencia para temas de tracción animal ademais da súa oferta formativa profesional.

Dentro da convocatoria 2021-2022 do Programa Leader o GDR Limia-Arnoia tramitou un total 8 proxectos para as comarcas de Celanova e Baixa Limia os cales supoñen un investimento de 297.912€, dos que 186.774 proceden das axudas Leader. O desenvolvmento destes proxectos xeraron e consolidaron 4 Unidades de Traballo Anual – UTA -.

4,4 millóns de euros para todo o territorio

Durante o periodo 2017-2020 o GDR Limia-Arnoia desenvolveu un total de 93 proxectos distribuidos nos 25 concellos que forman o territorio e que supuxeron un investimento total de 9,1 millóns de euros dos cales 4,4 millóns de euros foron subvencionados polo programa europeo que Loita contra o despoboamento no rural. Co desenvolvemento destes 93 proxectos crearonse e consolidaronse 99,18 UTA (Unidades de Traballo Anual).

Por outra parte cabe recordar que a convocatoria continúa aberta ata o 2023, polo que as persoas que o queiran poden visitar calquera das oficias do GDR Limia – Arnoia para informarse e analizar a viabilidade do seu proxecto.

Logos financiamentos GDR