Este mércores 14 de xullo, o GDR Limia-Arnoia, participou nun novo encontro do proxecto “Keep On”. Un proxecto de cooperación internacional que pretende poñer en vlaor o Patrimonio Cultural de 7 paises, e coordinado polo INORDE (Deputación de Ourense).

O obxectivo xeral de KEEP ON é mellorar as políticas públicas no sector do patrimonio cultural, en termos de presentar proxectos de alta calidade que permitan que os resultados sexan sostibles a partir de financiamento público razoable e que teñan un impacto duradeiro a longo prazo no desenvolvemento rexional, mediante o compromiso e a sensibilización dos responsables das políticas sobre a vital importancia da durabilidade e a sustentabilidade para alcanzar os obxectivos dos proxectos de patrimonio cultural a longo prazo, e sobre por que deberían ser mellor abordadas nos instrumentos e documentos de políticas.

Logos financiamentos GDR