O GDR Limia – Arnoia repartirá nestes dous anos un total de 710.392,92€ en axudas a proxectos produtivos e non produtivos que se poñan en marcha nas comarcas de Celanova e Baixa Limia.

A Xunta Directiva do GDR Limia-Arnoia acordou recentemente destinar o 20% do orzamento para este ano 2023, un total de 142.078,58€; mentras que o 80% restante outorgarase no 2024 (568.314,34€).

A maior parte dos fondos destinarase a proxectos productivos; algo máis de 420.000€. Mentras que máis de 165.000€ serán para propostas non produtivas presentadas por diferentes entidades públicas (concellos, asociacións,…) e outros 97.000€ para proxectos non produtivos de institucións con carácter privado.

Prazo de solicitude

O prazo de solicitude para estas axudas está aberto ata o 31 de xaneiro de 2023 e todas as persoas interesadas poden ampliar información en calquera das oficinas do GDR Limia-Arnoia.

Logos financiamentos GDR