Un dos eixos nos que centrou o Plan Leader 2017-2021 xestionado polo GDR Limia-Arnoia foi a recuperación e conservación do noso patrimonio histórico e cultural dos municipios que compoñen o territorio.

Ao longo destes catro anos exucutáronse un total de 24 proxectos promovidos por diversas entidades da zona cun obxectivo común: darlle valor ao noso patrimonio material e cultural para convertilo nun elemento dinamizador.

Os proxectos estiveron promovidos por entidades públicas e privadas, e entre elas están diferentes concellos, asociacións sen ánimo de lucro, comunidades de montes e outras. En total foron 24 os proxectos executados durante o período 2017-2021 aos que o Plan Leader destinou máis de 530.000 euros. Entre todos sumaron fixeron unha inversión no territorio de 766.618,77€.

No ano 2017 o Concello de Baños de Molgas e o Concello de Xuqueira de Ambía promoveron o proxecto de recuperación da contorna de Castro de Acea; un xacemento situado a cabalo dos dous municipios e que conta cun importante valor patrimonial, arqueolóxico e cultural. A primeira parte deste proxecto centrouse na realización da escavacións na zona. Dous anos despois, no 2019, desenvolveuse unha segunda fase do proxecto dirxida á súa conservación e posta en valor. Hoxe en día este é un punto turístico de referencia na zona e está consolidado como un elemento patrimonial de gran valor.

Outro dos proxectos non produtivos financiados polo Plan Leader foi a mellora do vestiario do coro da Asociación Cultural Aimil Folc, de Xinzo de Limia. A entidade recibiu no 2019 algo máis de 10.000 euros (o 70% do investimento) para renovar a súa vestimenta e, desta forma, poñer en valor a música e o o traxe tradicional galego.

Esta é a relación de proxectos de recuperación do patrominio financiados polo Plan Leader no territorio do GDR Limia – Arnoia durante o periodo 2017 -2021:

Relación de proxectos:

  • Ecovía interpretativa do patirmonio do río Xurés. Asociación de Veciños Amigos do Río Mao (Concello de Lobios)
  • Recuperación de camiños tradicionais. Comunidade de Montes Grande (Concello de Bande)
  • Mellora estética do Burgo Vilanova dos Infantes. Asociación Veciñal “Gutier Menéndez” (Concello de Celanova)
  • Recuperación dun lavadoiro e xacemento. Concello de Os Blancos
  • Recuperación patrimonial Aldea de Saa. Concello de Vilar de Santos
  • Recuperación de elementos etnográficos. Concello de Bande
  • Muralla de Castromao. Concello de Celanova
  • Castelo da Picoña. Concello de Calvos de Randín
  • Casas da Memoria e Interpretación da Paisaxe II. Concello de Sarreaus
  • Sarreaus, a Vía da Prata e a espiritualidade a través do patrimonio arqueolóxico. CDR O Viso (Concello de Sarreaus)
  • Posta en valor de Mutatio da Mourúas. CMVMC Serra do Xurés (Concello de Lobios)
  • Casa dos Oficios. Concello de Taboadela
  • O Castelo da Picoña. Concello de Calvos de Randín
  • Castromao. Concello de Celanova
  • Outeiro do Castro. Concello de Baños de Molgas
  • Parque Arqueolóxico do Monte Grande. CMMV Monte Grande 2 (Concello de Bande)
  • Ecomuseo do Pan. Asociación de Veciños de Puxedo (Concello de Lobios)
  • Restauración retablo de San Miguel. Parroquia de Berredo (Concello de A Bola)
  • Innovación e mellora da vestimenta e floclore popular. Aimil Folc (Concello de Xinzo de Limia)
  • Foxo das Cobateiras. Concello de Bande
  • Restauración retablo Santa Baia. Parroquia de Berredo (Concello de A Bola)
  • Restauración retablo Baltar. Parroquia San Bartolomé (Concello de Baltar)
  • Castro Acea 3. Concello de Baños de Molgas e Concello de Xunqueira Ambía
  • Casa dos Oficios. Asociación de Veciños de Puxedo (Concello de Lobios)
Logos financiamentos GDR