A Reserva da Biosfera de Allariz vén de dar un novo paso para a constitución e formación dun Foro de Participación que aglutine ás administracións públicas e ao tecido asociativo vencellado aos catros concellos que forman a Reserva (Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, A Bola e Allariz) co fin de que acheguen visións representativas dos intereses dos veciños e veciñas que viven no territorio.

Para iso o vindeiro martes 27 de xuño ás 19:30 horas celebrarase no Salón de Plenos do Concello de Allariz unha xuntanza con diferentes presentacións e na que se falará do Plan de Xestión e das futuras liñas de traballo.

Este é un acto organizado pola Asociación para o Desenvolvemento do Medio Rural da Reserva da Biosfera Área de Allariz co apoio do GDR Limia-Arnoia e que está dirixido a todo tipo de asociacións, entidades ou organizacións constituídas en A Bola, Allariz, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos.

Logos financiamentos GDR