Nas convocatorias de axuda do periodo 2017-2021 do Programa Leader, o equipo técnico do GDR Limia – Arnoia fai balance dos proxectos financiados durante este tempo cun total de 4,4 millóns de euros públicos executados. Deste pequeno estudo despréndese que nos últimos anos a muller converteuse nunha figura clave dentro do emprendemento rural. E a este feito hai que sumarlle o alto compoñente innovador que teñen a maior parte dos proxectos liderados por mulleres do noso territorio.

A aposta pola sostebilidade ambiental e o aproveitamento dos recursos naturais están detrás da maior parte destes proxectos femininos. Todos incorporaran algún elemento innovador que lle dan un carácter especial á actividade como pode ser a creación de novas canles de comercialización ou a posta en valor do territorio.

Analizando máis polo miúdo os datos, estas iniciativas lideradas por mulleres xeraron no periodo 2017-2021 cerca de 30 postos de traballo e con elas recuperáronse oficios, rehabilitáronse espazos e crearónse novas oportunidades laborais.

Algúns dos proxectos

  • Mercedes Veites Pérez, Lumecú, ten unha visión innovadora da tradición mediante a actividade de creación de pezas dende o obradoiro de traxes tradicionais que ten en Vilar de Santos.
  • Nuria Sotelo “O tempo do corpo” é o proxecto de Nuria Sotelo que naceu co obxectivo de poñer en marcha un programa de Envellecemento activo dirixido ás mulleres rurais. Para iso necesitou rehabilitar unha parte dunha vivenda situada na aldea de Amiadoso e dotala dos equipamentos e mobiliarios necesarios para desenvolver a súa actividade.
  • Inés Rodríguez decidiu no 2017 rehabilitar unha vivenda no centro de Allariz para convertela na sede do seu obradoiro artesán RIR&CO.
  • Aida Fróiz González, No ano 2018, despois de anos de estudo e investigación, xorde Cosmética Natural Terra, un proxecto que pretende utilizar a natureza como aliada para coidar da nosa pel.

 

Na nosa web pódense consultar todos os proxectos subvencionados. En total foron 14 os proxectos liderados por mulleres e que entre todos suman un investimento de 778.222,37€, dos cales 383.901,91€ estiveron financiados polo GDR Limia – Arnoia.

Un dos proxectos de maior investimento é o de Sara Martínez que rehabilitou unha edificación datada no ano 1900 para convertela nun establecemento turístico en plena Ribeira Sacra e co se crearon catro postos de traballo. A Pensión Porta Sacra é a día de hoxe un referente entre os turistas da zona onde atopan unha estancia agradable, económicas e ben localizada.

Logos financiamentos GDR