Creación do ecomuseo do pan do Xurés e implementación de ferramentas tecnolóxicas

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

O proxecto pretende recuperar e poñer en valor o ciclo tradicional do pan do xurés mediante a creación dun ecomuseo do pan e o emprego das novas novas tecnoloxías para a súa interpretación. O concepto de ecomuseo non ten nada que ver co museo tradicional no que se custodian e expón distintos elementos con valor cultural, senón que se trata dun centro museístico ó aire libre no que interactúan os elementos do patrimonio cultural, o territorio no que se asentan e a poboación local.

Ubicado a 700 metros nunha das ladeiras dos montes do Xurés, é unha aldea que tivo ata mediados do século XX como actividade principal o cultivo de cereal (centeo e millo) para a elaboración do pan. Boa mostra diso é a abundancia de patriomonio etnográfico asociado a este proceso: 4 eiras de mallar enlousadas, 28 hórreos de pedra, 10 muíños de auga no curso do río mao e un forno de pan comunitario. Todo este patrimonio ten sido rehabilitado na última década pola asociación e os veciños, mais consideramos que é preciso poñelo en valor mediante a creación deste ecomuseo do pan do xurés, o cal

Constará dun centro interpretativo do ciclo do pan do Xurés que se ubicará nunha antiga palleira ó carón da Eira do Toco que se empregaba para almacenar o colmo. Esta palleira, actualmente en estado de ruina, será rehabilitada empregando materiais típicos da arquitectura tradicional do Xurés: pedra granítica, madeira e teito de colmo e suministro enerxético mediante enerxías renovables. Unha vez reahbilitada instalaranse no seu interior paneis interpretativos sobre as fases do ciclo do pan (seitura, malla, moenda e fornada) e unha exposición dos apeiros empregados no Xurés para estas tarefas xunto cun vídeo explicativo dos veciño do lugar protagonistas das mesmas. Xunto ao centro interpretativo crearase un itinerario interpretativo de todo o patrimonio etnográfico da aldea e do seu entorno relacionado co ciclo do pan mediante o emprego de elementos multimedia accesibles para todas as persoas, sinalización con códigos  e creación dunha páxina web accesible  dende dispositivos móbiles en tres idiomas.

    Imaxe previa á execución

    Expediente:  L19-19.20- 10-0179

     

    Promotor: ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PUXEDO

     

    Concello e Lugar: LOBIOS

     

    Puntuación: 67
    Orzamento Aceptado:83.307,48 €
    Porcentaxe axuda: 78,18%
    Contía Axuda: 30.000,00 €  límitación por EDLP(50%)

     

    Creación do ecomuseo do pan do Xurés e implementación de ferramentas tecnolóxicas