Restauracion do retablo de San Miguel de Berredo
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Restauración do retablo maior da igrexa de San Miguel de Berredo: O tratamento de conservación e restauración realizarase tendo en conta os aspectos históricos, estéticos e materiais (que non se deben separar) para buscar as causas de deterioración e chegar a unha proposta de intervención baseada nestes dous pínclpios básicos: 1) uso de materiais e procesos que poidan ser facilmente eliminados sen danar a obra, é dicir, respecto ao principio de reversibilidade. Isto supón que os procedementos e materiais empregados non obren en prexuízo da mesma. 2) emprego de materiais que actúen con baixa toxicidade e inocuidade para calquera dos compoñentes materiais da obra e para os operarios que leven a cabo o proxecto. Tamén se deberá deixar testemuño da intervención seguindo criterios de técnicos e cumprindo coa responsabilidade que ten a conservación fronte ao patrimonio cultural e a sociedade. |
Expediente: L19-19.20-10-0157
Promotor: BISPADO DE OURENSE. PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE BERREDO
Concello e Lugar: A BOLA
Puntuación: 59
Orzamento Aceptado: 10.813,36 €
Porcentaxe axuda: 71,82%
Contía Axuda: 7.766,16 €