Posta en valor do patrimonio e da Vía da Prata en Sarreaus
Proxectos Non Produtivos – Entidades Pública
Expediente: L20-19.20- 10-0228
Promotor: Concello de Sarreaus
Concello e Lugar: Sarreaus
Puntuación: 82
Contía Axuda: 28.800 €
Proxecto pensado no acondicionamento dunha casa situada no Concello para que axude a poñer en coñecemento todo o patrimonio existente e deste xeito poda estar facilmente localizable por parte dos veciños. Así tamén, a unión que ten Sarreaus co paso da Vía da Prata axudaralle a poñer en valor aquel patrimonio vinculado coa espiritualidade.
O patrimonio de Sarreaus é para o disfrute dos veciños
Este local, mercado ao Bispado, pasa a recoller unha exposición do patrimonio arqueolóxico do Concello pensada para os veciños. Aquí dentro, xa había unha serie de obxectos que foran doados polos veciños e veciñas ao Bispado.
Na primeira fase do proxecto, creáronse e colocáronse nesta casa uns paneis informativos sobre a historia do Concello e o seu patrimonio para que así os veciños puideran coñecer o patrimonio da contorna e poder visitalo.
Nunha segunda fase, realizase unha recollida documental que sirve como catalogación, a partir dun estudo arqueolóxico máis pormenorizado.
Na zona existe patrimonio que se pode relacionar coa espiritualidade, polo que tamén se pode vincular ao Camiño de Santiago, no seu paso pola Vía da Prata en dito Concello.
Deste xeito, ponse en valor o concello de Sarreaus para os veciños pero tamén para aqueles peregrinos que queiran seguir enchendo o seu camiño de arte, patrimonio e novos coñecementos.