A Vaquería: produción e comercialización de carne sen intermediarios
Proxectos Produtivos – Entidades Privadas
Expediente: L21-19.20- 10-0243
Promotor: Vaquería da Limia Cooperativa Galega
Concello e Lugar: Xinzo de Limia
Puntuación: 83
Orzamento Aceptado: 59.924,00 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 29.962€
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados: 2
Nº de UTAS Xerados: 1
O proxecto de A Vaquería consiste na instalación dun obradoiro de carne, a onde a levarán persoalmente despois de recoller a materia prima nas explotacións da Limia. O lugar elexido para o emprazamento deste obradoiro será a Praza de Abastos da Limia.
Nel realizaranse traballos de despece, elaboración, transformación, maduración e envasado de carne para poñer en valor os produtos. Así, pecharase o ciclo e reduciranse os costes de produción. Dende a carnicería distribuirase a carne, a cal tamén se vai ofrecer en formatos diferenciados e innovadores, sempre destacando a boa calidade da carne e a variedade.
Crearase tamén unha páxina web dinámica, fresca e actualizada. Contará con tenda para poder ofrecer produtos de primeira calidade dende Ourense a calquera parte de España nun prazo de 24 horas sen romper a cadea de frío. Tamén o Centro Tecnolóxico da Carne analizará os tenreiros en proteínas, cinsas, humedade, PH, color, textura, azucres…
Precisase, ademais, dotar á instalación da maquinaria necesaria para levar a cabo a transformación e elaborar os produtos finais, contando tamén cun vehículo adaptado para facer a recollida da carne e reparto do produto unha vez elaborado, sen romper a cadea de frío.
O sabor da carne de antes
A Cooperativa A Vaquería é un proxecto que de base é familiar – as ganderías que a integran están formadas por familias -. Dentro de todos os labores que hai que realizar, cada un ten unha responsabilidade e xestiona a parte que lle corresponde: atender ao gando en extensivo, restaurante, carniciería, redes sociais, tenda… É precisamente a creación da tenda o que lles está dando auxe: quitan intermediarios para mandar fóra de Ourense varios produtos elaborados porque a xente reclama carne de calidade.
Comercializan esta carne en restaurantes de Madrid, Barcelona, Ibiza, País Vasco… e o que máis comercializan son chuletas e hamburguesas, aínda que tamén venden outros produtos.
Iván Gil é o responsable da carnicería. Conta que a xente cada vez demanda máis carne. Isto, obviamente, aporta beneficio, pero tamén é moi bonito ver a implicación da xente. Iván sinala que os veciños lles axudan moito, que están pendentes das vacas e cando o ven pasar coméntanlle o que eles viron. Porque nesta cooperativa o gando é criado con cariño e mimo. Igual que o facían os seus antepesados, mostrando amor polo territorio, pasión polo gando e respecto pola zona natural na que medran os seus animais. Manteñen o sistema de cría tradicional co pastoreo en liberdade, combinado coas novas tecnoloxías que aportan os certificados necesarios para a tranquilidade do consumidor. É este tipo de crianza o que lles aporta aos consumidores “o sabor de antes, recórdalles á zona”, sinala Iván.
Colocar o obradoiro de carne na Praza de Abastos da Limia foi un incentivo para mover á xente a zonas que se están quedando vacías.
No obradoiro tamén despezan carne, ofrecen servizos de frío e de transporte ao matadeiro a outros gandeiros da zona.